6 - Lapela programación e currículo

Na lapela programación e currículo, en cor azul existen varias opcións de xestión que funcionan de forma independente con respecto á parte das UDIs, e das restantes seccións, tódolos ámbitos poden ser empregados sen necesidade de completar o outro.

Desde esta lapela poderás xestionar a creación de diferentes documentos de centro como son: programación de nivel, perfil de área, perfil competencial, A.C.S. de estándares así como a cualificación do alumnado a partir dos instrumentos de avaliación agrupados.

Todos estes documentos, agás as ACS, elabóranse para o cartafol de traballo seleccionado na lapela 'cartafoles', sendo posible copiar estes contidos doutro cartafol ó actual, empregando a opción que se explica no punto correspondente


No caso de Educación infantil, algunha da sublapelas aparecen ocultas por defecto, posto que non son empregadas nesta etapa. Podes, nembargantes, facer que aparezan premendo na opción dispoñible na parte inferior.