5.4 - Copiar contido entre cartafoles

Podes copiar o contido dun dos teus cartafoles, xa sexa propio ou no que esteas convidado, a outro cartafol. Poderás copiar usando este sistema:

  • A programación (completa ou por áreas-nivel)
  • O perfil de área (completo ou por áreas-nivel)
  • O perfil competencial (completo ou por competencia-nivel)

As UDIs do cartafol deberán copiarse usando un sistema específico, que se indica no apartado correspondente deste manual.

Podes ver no seguinte vídeo como copiar o contido (dos antes indicados) entre cartafoles.