2 - Como reducir o peso das imaxes, para poder subilas?
En varias das aplicacións de recursoseducativos.net, como no caso do creador de revistas online, o tamaño máximo para subir unha imaxe é de 1Mb, polo que precisarás reducir o peso das mesmas para poder subilas.
De seguido poderás coñecer diferentes formas de facelo, segundo o sistema operativo que esteas a empregar:
Equipos con windows:
Podes atopar diferentes formas de facelo nas seguintes ligazóns:
- Reduce varias imaxes á vez instalando o image resizer:
- Reduce unha imaxe usando a apliación fotos de windows:
Equipos con MacOS (Apple):
Abre a imaxe ou imaxes co programa "vista previa", que é o que abre por defecto ao facer doble click sobre el:
- Escolle arquivo exportar
- En formato elixe jpg.
- Emprega a barra deslizante de calidade para axustala, de modo que o tamaño amosado na parte inferior sexa inferior a 1Mb
Deste xeito estás a reducir o peso do arquivo baixando a calidade de compresión, pero mantendo o seu tamaño. Alternativamente tamén poderías reducir o tamaño da imaxe, mantendo a calidade, e en consecuencia rebaixando o seu peso. Podes facelo na mesma aplicación desde o menú ferramentascambiar o tamaño (a medida que o cambies verás o peso que terá o arquivo ao final)
Equipos coa maqueta Edixgal:
- Facendo click co botón dereito sobre a imaxe escolle abrir con GIMP (Programa de manipulación de imaxes GNU)
- Escolle arquivo exportar a (export a) preme exportar.
- Escolle na seguinte ventá a calidade de compresión da imaxe.
- Se marcas a opción -amosar a vista previa- verás tamén cando pesaría a imaxe coa calidade que escollas.
Usando ferramentas online:
Existen moitas páxinas nas que podes subir a/as imaxe/s e poder descargalas con menos peso. O maior problema destes sistemas é que tes que subir la imaxe previamente (polo que pode tardar moito en subir) e logo voltar a descargala.
Algunhas páxinas que permiten facelo son:
- https://compressjpeg.com/es/
- https://www.online-convert.com/es/compresor-imagen/comprimir-jpg
- https://www.compress2go.com/es/comprimir-jpg