1.1.6 - Convertir anotacións manuscritas a texto

Desde a versión 3.1.129 é posible convertir as túas anotacións manuscritas, da axenda de anotacións, a texto plano que poderás visualizar para copiar/pegar ou descargar.

Tan só terás que entrar nunha anotación, despregar o menú do -botón de tres puntos- e escoller  a opción - exportar e convertir a texto. Este proceso de conversión tamén se fai automáticamente cada vez que se sae da páxina (no botón co check), para almacenalo e ser usado no apartado de búsquedas, da axenda de anotacións.



Cando premamos a opción de  -exportar e convertir a texto- abrirse unha ventá no navegador do dispositivo,  que amosará a anotación como imaxe, como texto e permitirá descargar a texto como arquivo en dous formatos, así como nun arquivo de imaxe ou en pdf.



Ten en conta que o proceso de conversión  (OCR) das anotacións manuscritas a texto, realízase usando o servizo de Goolge Cloud Vision (en continúa mellora), e que a calidade dos resultados dependerá, entre outros aspectos, da claridade do texto escrito e da exactitude dos trazos realizados.