logo
  • Inicio
  • Manuais de axuda
  • Contactar
  • Voltar á web

Centro de soporte e axuda

1.1 - Tipos de visualización: Acceso como visitante ou con usuario/contrasinal - código QR?

  1. Inicio
  2. Manual de axuda
  3. Resto de aplicacións: Calendario de aula online
  1. Actualizado o 05/01/22 - 04:17 horas
  2. Descargar en pdf

O calendario pode ser visualizado de dúas maneiras, en función de se accedeu co usuario e contrasinal do mestre, ou código QR do alumno ou ben como visitante (p.e. o alumno/a desde casa).

Deste xeito o alumnado poderá interactuar co calendario (engadindo iconas de evento, marcando as faltas e anotando os días que pasan) baixo o control do mestre en todo momento, empregando o seu carnet co código QR e a webcam (ou ben co contrasinal do mestre/a), sen ter que poder acceder a tódalas opcións dispoñibles cando se accede con usuario e contrasinal.

É importante que co alumnado se use SEMPRE o acceso con código QR (carnet QR). O acceso con usuario e contrasinal debe reservarse só para a xestión do calendario como mestre/a pero NUNCA ser usado polos propios alumnos/as, xa que poden acceder a datos relevantes, e facer calquera modificación nos teus servizos dispoñibles en recursoseducativos.net



O acceso como visitante, sen contrasinal, permite:


  • Visualizar tódalas iconas e días marcados pero non marcar faltas.
  • Non se poderán visualizar ningún tipo de imaxe ou dato do alumando
  • Non se amosarán os eventos no horario lateral

A función deste acceso é que o alumnado poida empregar o calendario libremente, pero no modificar os contidos do mesmo empregando unha ligazón, que podes incluír no blogue da túa aula.



O acceso con contrasinal ou código QR , permite:


  • Visualizar todo o contido
  • Marcar faltas de asistencia do alumnado.
  • Visualizar os alumnos que están de cumpleanos
  • Varcar os días que van pasando un x
  • Engadir iconos para os diferentes eventos nos días
  • Xestionar as faltas do alumnado
  • Marcar o tempo meteorolóxico con iconas e visualizar un reconto gráfico
  • Introducir a temperatura diaria e visualizar unha gráfica
  • Completar o nome con letras móbiles.

    • Resto de aplicacións: Calendario de aula online
    • 1 - Calendario de aula online
    • 1.1 - Tipos de visualización: Acceso como visitante ou con usuario/contrasinal - código QR?
    • 1.2 - Como accede o alumnado ó calendario? Conseguir e usar a súa ligazón.
    • 1.3 - Teño que meter os datos dos meus alumnos/as para poder usalo? Podo usar o calendario se non o fago?
    • 1.4 - Como xestionar o meu grupo de alumnos/as e crear os seus carnets QR de acceso
    • 1.5 - Que podo facer cada día?: Tachar o día, iconas de eventos, cumpreanos e faltas do alumnado
    • 1.6 - Que tempo fai hoxe? Escollendo icona do tempo e temperatura
    • 1.7 - Xestión do horario diario
    • 1.8 - Ordenar as letras móbiles do nome
    • 1.9 - Zona de debuxo
    • 1.9.1 - Mover e cambiar a orientación da caixa de ferramentas da zona de deubxo
    • 2 - Alternar entre o modo e visualización normal e o modo PICTO
    • 3 - Visualización dos textos en inglés
    • Anexo I - Así usamos calendario online nas nosas aulas (exemplo de uso)
  • #recusoseducativos
  • Canle en Telegram
© www.recursoseducativos.net | programame.abrir.gal