1 - Rexistro e acceso de usuarios

Para empregar algunhas das aplicacións de recursoseducativos.net, como por exemplo Prográmame-UDIS, tes que contar cun usuario e contrasinal de www.recursoseducativos.net, se aínda non o tes poderás rexistrarte gratuitamente para empregar este e outros dos servizos dispoñibles.


Unha vez completados os campos de rexistro, se non recibes ningún aviso de erro (usuario xa empregado, caracteres introducidos non válidos, etc), recibirás un correo de activación, que deberás abrir e premer na ligazón de activación que incluirá. Deste xeito a web comprobará que es un usuario real e procederá a finalizar o proceso de rexistro.

Lembra revisar a túa carpeta SPAM se non recibes o correo de activación ou contacta con info@recursoseducativos.net.

Se usas unha conta edu.xunta.es  / edu.xunta.gal, pode ser que tarde ata unha hora en chegar, polo filtro que teñen esas contas de correo.


Como accedo cos meus datos?:

En canto o usuario estea activado debes acceder introducido o teu usuario e contrasinal na opción "acceso usuarios", na parte superior dereita, dispoñible en calquera das páxinas de www.recursoseducativos.net, escaneando ó código QR indicado desde a APP oficial programame- udis (desde a versión 2.1.2) para Android e iOS, ou ben desde teu reloxo intelixente, coa nosa app oficial, usando o PIN que se indica debaixo do código QR.




É boa idea crear un usuario común para o centro, ademais do individual de cada mestre. Deste xeito ese usuario-centro poderá invitar ós mestres e compartir diferentes traballos conxuntos como a elaboración dos perfís de área, competencial, ou copiar estes para elaborar a programación persoal de cada un. (ver anexo I deste manual)

Observarás que accediches correctamente cando vexas escrito, no mesmo menú, o teu nome de usuario. Desde ese momento poderás acceder a prográmame desde o menú "as miñas aplicacións: