1 - Calendario de aula online

O calendario de aula online permite que o alumno/a poida xestionar os diferentes acontecementos e o paso do tempo nas aulas, desde un ordenador con conexión a internet, e preferentemente con unha pantalla ou EDI. Está pensado para un traballo complementario co calendario tradicional (en papel) e doutros rexistros da aula.

Descubre no seguinte vídeo todo o que podes facer con el:



Neste calendario aparecerán marcados como non lectivos (en cor rosa), aqueles días así sinalados no calendario escolar de Galicia, así como os festivos de carácter autonómico e estatal. Poderás marcar tamén os teus días festivos locais na opción correspondente  (ver punto 1.4 deste manual)




Para poder usalo debes facer o seguinte:

  • Ter unha conta rexistrada como mestre/a en recursoseducativos.net e acceder con ela.
  • Entrar no apartado - As miñas aplicacións O meu calendario e configurar os datos precisos (ver apartado deste manual)
  • Contar cun ordenador/dispositivo que conte con cámara (webcam ou similar) para usar o acceso con código QR por parte do alumnado.
  • Conseguir a ligazón do calendario e pegala nalgún lugar accesible polo alumnado desde a aula (web do centro, blog, acceso directo...)
  • Acceder co carnet QR (por parte do alumnado) para traballar co calendario online.

No sucesivos apartados deste manual explícanse as características e funcionalidades máis relevantes, así como o seu uso.