inicio       acceso usuarios     GAL | CAST
inicio       acceso usuarios     GAL | CAST



Administrador de revistas escolares

Accede desde o menú superior para xestionar as túas revistas




Preguntas e respostas máis frecuentes

Como se ven as revistas
Podes ver un exemplo na web deste centro que emprega este servicio gratuito podes ver varios exemplos aquí

Que necesito para subir a miña revista escolar?
Simplemente terás que ter un usuario e contrasinal (solicítao por email a info@recursoseducativos.net, accederás con ese datos no formulario superior.
Deberás ter nunha carpeta do teu ordenador imaxes en formato jpg das páxinas que forman a revista (en tamaño A4), amosaránse ordenadas alfabéticamente segundo o seu nome, polo que é recomendable nomealas do seguinte xeito 0.jpg, 1.jpg.... de modo que manteñan a orde que desexemos.
As imaxes subiránse unha a unha dun xeito moi sinxelo, a revista será visible desde que esté presente a primera imaxe (poderás engadir outras na orde que sexa ou borrar calquera imaxe subida).
Poderás crear tantas revistas como desexes.
Cada revista terá a súa propia URL (ligazón) que deberás empregar na web onde queiras que se visualice a revista.

Que tecnoloxía empregades para a animación de paso de páxina?
Podes visualizar as túas revistas tanto empregando flash como en html5.
Empregamos a ferramenta (de código aberta e gratuita) Megazine3, que podes descargar en http://www.megazine3.de para a versión flash.
Empregamos a ferramenta pageflip5 para a versión hml5


Aviso legal
recursoseducativos.net, ofrece un servicio de aloxamento de revistas escolares única e exclusivamente para webs de centros educativos, blogs de mestres ou asociaciacións relacionadas co sector educativo.

Para empregar o servicio é necesario contar cun nome de usuario e contrasinal, que deberá ser solicitado a info@recursoseducativos.net, indicando o enderezo da web na que se incluirá a ligazón coa revista

recursoseducativos.net, únicamente aloxará e amosará as imaxes (capturas das páxinas das revistas) subidas por cada usuario, non sendo en ningún caso responsable do contido das mesmas.
recursoseducativos.net, poderá borrar calquera imaxe ou revista que non cumpla estas normas, ou calquera outra relativa ós dereitos de propiedade intelectual, sen previo aviso.
Trátase dun servicio gratuito que pretende continuar no tempo, de todos modos non podemos garantizar que tódolos contidos estean dispoñibles de forma indefinida, podendo suspender o servicio en calquera momento (polo que recomendamos manter unha copia dos arquivos subidos)

recursoseducativos.net non incluirá ningunha ligazón directa ás revistas aloxadas neste servicio, únicamente poderán ser empregadas as ligazóns a estas revistas nas webs de referencia indicadas por cada usuario no momento do rexistro, o incumplimento desta norma pode dar lugar á cancelación da conta e o borrado das revistas asociadas a ela.

Ó solicitar o usuario e contrasinal aceptas explícitamente esta normativa, que pode ser modificada en calquera momento.


recursoseducativos